Festival Sinsal Logo

A Hawk & A Hacksaw W/ The Hun Hangar Ensemble

18 May 2007
Centro Cultural Caixanova -

Vigo


12€

A HAWK & A HACKSAW w/ THE HUN HANGÁR ENSEMBLE

Flash Video - 11.9 MB
A HAWK & A HACKSAW

Unha parella de frikis de Albuquerque, Novo México, xogando a ser zíngaros. Uns Beirut sen rendas e envalentoados. Jeremy Barnes, multiinstrumentista e antigo batería de Neutral Milk Hotel, e Heather Trost, violinista, son unha peza clave na ética e na estética do rexeneracionismo Folk, moito máis que uns herdeiros directos de Fanfare Ciocarlia. As súas exploracións da profunda Europa do Leste e da tradición da música dos balcáns, guiadas polo seu enorme talento compositivo e a forza instrumental, deron pé a tres discos que, no ronsel de Black Ox Orkestar e Alec K Redfearn& the Eyesores só necesitan un escenario para cegar de verdade. Aí reside a súa forza e o seu magnetismo. En directo Jeremy é o máis parecido a un home orquesta, toca case todos os instrumentos de forma simultánea, con métodos tan pouco convencionais coma un címbalo golpeado por paos de batería que van suxeitos á súa cabeza, ou un chapeo cuberto de campás. The way the wind blows, terceiro disco para Leaf Label e aparente punto culminante nunha traxectoria definida polo máis difícil aínda, é unha odisea instrumental con pequenas incursións vocais, unha mestura imposible de cornetas, trompetas, tubas, acordeóns, melodías lúdicas e chispeantes, mariachis, Klezmer e Folklore Xitano. Se falamos de realidades, despois do vendaval da Orquesta Típica Fernández Fierro, necesitabamos a alguén como A Hawk and a Hacksaw. E encima tocarán con eles o combo húngaro The Hun Hangár Ensemble, músicos vestidos con traxes viquingos e cun currículo que inclúe colaboracións con Directing Hand, Scatter, Bonnie ’Prince’ Billy, Alasdair Roberts e con lendas do jazz como Archie Shepp, Roscoe Mitchell e Hamid Drake. Outros (Beirut) lévanse os laureis, pero eles son donos da chave do atemporal e propoñen cancións con máis olores. O show business é un mundo ingrato.
Ana Cabaleiro

máis info: www.ahawkandahacksaw.co.uk
máis info: www.myspace.com/hunhangarensemble

MP3 - 2 MB
god bless the ottoman empire
MP3 - 2.8 MB
in the river
MP3 - 2.4 MB
portland town
JPEG - 44.4 KB
JPEG - 56.3 KB
JPEG - 120.7 KB