Festival Sinsal Logo

Angel Olsen

06 Sep 2015
Auditorio do Concello de Vigo -

Praza Do Rei

Nacida en San Luis pero logo situada en Chicago, esta estadounidense converteuse en cuestión de meses (os que transcorreron dende a publicación do seu segundo álbum, "Burn Your Fire For No Witness", en febreiro deste ano) nunha das iconas do neo-folk, facción indie. Cando en 2012 apareceu o seu segundo disco, "Half Way Home", coas súas referencias veladas ao country de mediados do século pasado, do mesmo xeito que o seu debut, de seis cancións, "Strange Cacti" (2011) -tras unha casete en 2010 con media ducia de versións- evocaba os grupos de rapazas dos anos sesenta, intuíuse que había nela un gran potencial e unha complexidade superior á que xa mostraba. Pero faltaba afondar niso. É o que fan as once cancións do último traballo ata a data desta colaboradora de Bonnie "Prince" Billy, e o primeiro que rexistrou acompañada de banda.

Continúa coa conxura do pasado, pero buscando novas direccións, convertendo o anacronismo e a vulnerabilidade en algo gratificante, coma se fose a alumna máis avantaxada de Joni Mitchell do momento. Talvez o sexa. Rompeu a rede que a protexía e dulcificaba e as súas cancións creceron: poñen a pel de galiña.

MERCAR ENTRADAS