Festival Sinsal Logo

Baby Dee

08 Mar 2008
Salón Teatro -

Santiago Compostela

Baby Dee é unha cantante inetiquetable, unha curiosidade no panorama musical actual; andróxina artista circense, cunha das voces máis fascinantes. Pero non é só a súa voz o que fai que Dee sexa tan peculiar. Ela ten un algo que logra que os corazóns ardan ao escoitar a súa voz, pero, á vez, é puro circo e diversión.

Acompañada dun arpa, un acordeón ou un piano, a ex membro dos primeiros Antony & The Johnsons, simplemente crea música para sobrevivir, sinceira e delicada.

Nacida en Cleveland, Ohio, en 1953, comezou tocando o piano. Directora musical e organista nunha igrexa católica do Bronx, liberábase tocando a arpa en Central Park.

Nos anos 90 triunfou cun papel no Coney Island Sideshow, imitando á súa adorada Shirley Temple e, sobre todo, subida nun curiosísimo triciclo con arpa integrada creado especialmente para ela polo artista George Bliss. Con este extravagante triciclo Baby Dee percorreu durante anos o baixo Manhattan, converténdose na raíña das súas rúas.

www.myspace.com/theonlybabydee