Festival Sinsal Logo

Bedroom community

04 Nov 2009
Museo MARCO -

Vigo


10€

BEDROOM COMMUNITY
Nico Muhly, Ben Frost, Valgeir Sigurdsson, Sam Amidon
Museo MARCO de Vigo
Mércores, 4 de novembro.
20:30 h.
10 euros

Bedroom Community pódese traducir como cidade dormitorio, ese é o territorio polo que se moven os músicos do selo islandés, os arrabaldes da música contemporánea, do pop ao ambient, da clásica á experimentación. A unión e a colaboración de catro músicos, dous estadounidenses, un islandés e un australiano dá como consecuencia unha polifonía de voces unidas por algo máis que a filiación comercial. Medios especializados de todo o mundo dan conta das propostas dos seus membros, abrindo camiños para a música. “En tan só un ano, o selo islandés Bedroom Community destilou algúns dos álbumes máis interesantes dos últimos tempos”, e para esta cita na estación Outono do Festival Sinsal presentarán o set completo, catro concertos a cargo de Nico Muhly, Ben Frost, Valgeir Sigurdsson e Sam Amidon.

JPEG - 60.7 KB

O estadounidense Nico Muhly é compositor, produtor e intérprete, o seu segundo e último traballo en solitario, Mothertongue, afonda na experimentación luminosa que xa caracterizara o seu anterior traballo, ocupando un espazo virxe entre a música de cámara e a música contemporánea. Nico Muhly é un paisaxista cuxo pincel é a música, destaca como compositor de bandas sonoras e colaborador de xente tan dispar como Björk, Bonnie “Prince” Billy ou Antony and the Johnsons.

Ben Frost, australiano, ocupa no selo o lugar do escuro, compositor de atmósferas abafantes e melodías desacougantes, remite por momentos ao Cyberpunk, o Dark Metal ou o Minimalismo Clásico. As súas composicións transitan entre o ambient e o ruído ao que inevitablemente conducen, estoupando entre as mans dun músico visceral. Ten colaborado con Björk, Amiina, Fennesz ou Tim Hecker.

Ben Frost no Sónar 2009 from alg-a on Vimeo.

O produtor e compositor Valgeir Sigurdsson sírvese da súa experiencia para facturar un álbum, Ekvilibrium, cheo de referencias e camiños. Colaborador habitual de Björk, CocoRosie, Camille ou Bonnie “Prince” Billy, que pon as voces de Ekvilibrium, Valgeir Sigurdsson aterrou na música como arranxista, enxeñeiro ou facendo as programacións, de aí o seu virtuosismo na mestura de sons, xogando coa electrónica ou cos instrumentos de corda para crear un estilo que bebe do post-clásico. No ano 2006 crea o selo Bedroom Community.

Sam Amidon naceu para o folk, fillo de músicos, publica o seu segundo álbum con Bedroom Community. All is well é un compendio de melodías traballadas que afondan nas raíces sen renunciar a outras fontes, non é casual que Sam Amidon estudase coa lenda do free-jazz Leroy Jenkins, en moitas das súas composicións adivínase un pulo experimental que acompaña á aparente simplicidade das súas propostas. Conxuga a súa carreira en solitario coa súa faceta de músico en bandas como Doveman ou Stars Like Fleas.

http://www.myspace.com/bedroomcommunity
http://www.bedroomcommunity.net

(60532, 2, 0), (60532, 6, 0), (60531, 2, 0), (60531, 6, 0), (60527, 2, 0), (60527, 6, 0), (60525, 2, 0), (60525, 6, 0), (60524, 2, 0), (60524, 6, 0), (60523, 2, 0), (60523, 6, 0), (60522, 2, 0), (60522, 6, 0), (60521, 2, 0), (60521, 6, 0), (60520, 2, 0), (60520, 6, 0), (60519, 2, 0), (60519, 6, 0), (60517, 2, 0), (60517, 6, 0), (60516, 2, 0), (60516, 6, 0), (60513, 2, 0), (60513, 6, 0), (60514, 2, 0), (60514, 6, 0), (60515, 2, 0), (60515, 6, 0), (60512, 2, 0), (60512, 6, 0), (60509, 2, 0), (60509, 6, 0), (60508, 2, 0), (60508, 6, 0), (60507, 2, 0), (60507, 6, 0), (60505, 2, 0), (60505, 6, 0), (60504, 2, 0), (60504, 6, 0), (60503, 2, 0), (60503, 6, 0), (60502, 2, 0), (60502, 6, 0), (60500, 2, 0), (60500, 6, 0), (60493, 2, 0), (60493, 6, 0), (60492, 2, 0), (60492, 6, 0), (60490, 2, 0), (60490, 6, 0), (6011, 2, 0), (6011, 6, 0), (60487, 2, 0), (60487, 6, 0), (60486, 2, 0), (60486, 6, 0),