Festival Sinsal Logo

Black Dice

04 May 2009
Museo MARCO -

Vigo


10€

Salón SINSAL

Museo MARCO de Vigo
Luns, 4 de maio.
20:30 h
10 euros.

As entradas pódense adquirir dende dúas horas do concerto na billeteira do museo, cun desconto do 50 % para estudantes e para a comunidade universitaria Vigo.

www.myspace.com/blackdicemyspace
www.myspace.com/baalte

JPEG - 42 KB

Procedentes de Brooklyn, Black Dice é unha das bandas de rock’n’roll máis
explosivas, radicais e viciosamente únicas do mundo. Os irmáns Eric e Bjorn
Copeland e Aaron Warren levan xa dez anos gravando, tocando e asollando
audiencias coa súa anómala doutrina musical. Dende a caótica mestura de trash oitentero e ruído agresivo dos comezos, o trío foi mudando con cada disco e época da súa carreira. Na actualidade seguen a manter elementos do noise e da experimentación proto-industrial, pero con matices de minimal, electrónica ou hip- hop, e cunha visión psicodélica do son somesa a influencias do punk, da tropicalia e do dub. A única constante en Black Dice é unha estética irreverente, agresiva e caseira, que se rebela contra a nosa cultura popular e a reconfigura decote.
Presentan agora o seu quinto álbum de estudo, Repo, acabado de editar polo selo dos Animal Collective.