Festival Sinsal Logo

Bonnie Prince Billy

03 Apr 2007
Centro Cultural Caixanova -

Vigo


18€

JPEG - 30.9 KB
bonnie

Will Oldham é un clásico. Un dos grandes grandes grandes por encima de gustos persoais máis/menos subxetivos. Dito isto pouco máis queda que engadir.

Flash Video - 12.2 MB

Recordaremos que este señor ben como Palace Music, Palace Songs, Bonnie ‘Prince’ Billy ou Bonnie ‘Blue’ Billy leva facendo música desde fai 15 anos, e que a medida que van caendo os discos crece a sensación de que o seu mellor disco aínda está por facer, e iso recordando que tras de si quedan obras tan importantes como ‘joya’ (Drag City, 1997), ‘i see a darkness’ (Palace, 1999), ‘ease down the road’ (Palace, 2001), ‘master and everyone’ (Drag City, 2003) ou ‘superwolf’ (Drag City, 2005) obriga a cualificar esa sensación entre reverencial e epifánica, algo que supoñeremos divino se é que o seu legado xa non o é.

Polo camiño quedan colaboracións con Johnny Cash, Bill Callahan, Matt Sweeney, Mick Turner, Jason Molina, Alasdair Roberts, David Pajo, Tortoise e un longo etc. que non fai senón confirmar que aquilo do xogo en equipo enriquece a visión e supera os resultados da individualidade.
E así chegamos á que crítica e público da man (por unha vez) consideraron obra cume ata a data sen apenas discusión, ‘the letting go’ (Drag City, 06). Rodeado de Jim White, Paul Oldham e Emmet Kelly, ‘the letting go’ esconde un puñado de cancións rebonitas por encima de matices que as afastan un pouco do campo e achéganas máis ao corazón e que merecen ese prefixo ‘re’ grazas á iluminada voz de Dawn Mc Carthy (Faun Fables), un anxo máis propio de conto. Tremo pensando como soarán esas cancións no escenario. E é que pensado así en frío custa crer que imos ter tan preto ao rei dos gorgoritos. Porque isto vai pasar, ¿verdade?

www.dragcity.com/bands/bonnie.html
Extractos de cancións dos seus discos
Bonnie Prince Billy myspace
Máis fotos

JPEG - 50.5 KB
bonnie
JPEG - 19.4 KB
bonnie
(60532, 2, 0), (60532, 6, 0), (60531, 2, 0), (60531, 6, 0), (60527, 2, 0), (60527, 6, 0), (60525, 2, 0), (60525, 6, 0), (60524, 2, 0), (60524, 6, 0), (60523, 2, 0), (60523, 6, 0), (60522, 2, 0), (60522, 6, 0), (60521, 2, 0), (60521, 6, 0), (60520, 2, 0), (60520, 6, 0), (60519, 2, 0), (60519, 6, 0), (60517, 2, 0), (60517, 6, 0), (60516, 2, 0), (60516, 6, 0), (60513, 2, 0), (60513, 6, 0), (60514, 2, 0), (60514, 6, 0), (60515, 2, 0), (60515, 6, 0), (60512, 2, 0), (60512, 6, 0), (60509, 2, 0), (60509, 6, 0), (60508, 2, 0), (60508, 6, 0), (60507, 2, 0), (60507, 6, 0), (60505, 2, 0), (60505, 6, 0), (60504, 2, 0), (60504, 6, 0), (60503, 2, 0), (60503, 6, 0), (60502, 2, 0), (60502, 6, 0), (60500, 2, 0), (60500, 6, 0), (60493, 2, 0), (60493, 6, 0), (60492, 2, 0), (60492, 6, 0), (60490, 2, 0), (60490, 6, 0), (6011, 2, 0), (6011, 6, 0), (60487, 2, 0), (60487, 6, 0), (60486, 2, 0), (60486, 6, 0),