Festival Sinsal Logo

Buke and Gass

25 Jun 2011
Escenario Paseo dos Buxos -

Illa de San Simón


25€

+info

Buke and Gass son unha especie de milagre, traballando dende as limitacións para crear sonoridades e ritmos únicos, un dúo que é unha banda. Ela, Arone Dyer, toca unha especie de ukelele modificado, el, Aron Sanchez, unha mestura entre guitarra e baixo, de aí vén o seu nome, o Buke é o instrumento dela e o Gass o del. Consiguen sonar completos sen programacións, tirando de pedais e da batería tocada so cos pes, sonando contidos e rompendo nun rock veloz que a voz de Arone viste con regusto a anos setenta, recordando por momentos á de Karen O. Escoitar a Buke and Gass é caer nunha espiral por momentos desenfrenada na que esqueces que escoitas a dúas persoas loitando por ser catro, un experimento que sona robusto alén das limitacións.

Buke and Gass son una especie de milagro, trabajando desde las limitaciones para crear sonoridades y ritmos únicos, un dúo que es una banda. Ella , Arone Dyer, toca una especie de ukelele modificado, el, Aron Sanchez, una mezcla entre guitarra y bajo, de ahí viene su nombre, el Buke es el instrumento de ella y el Gass el de él. Consiguen sonar completos sin programaciones, tirando de pedales y de la batería tocada con los pies, sonando contenidos y rompiendo en un rock veloz que la voz de Arone viste con regusto a años setenta, recordando por momentos a ña de Karen O. Escuchar a Buke and Gass es caer en una espiral por momentos desenfrenada en la que olvidas que escuchas a dos personas luchando por ser cuatro, un experimento que suena robusto más allá de las limitaciones.