Festival Sinsal Logo

Cass McCombs

Cancelado. Máis info

Cass McCombs é un cantautor californiano afincado en Baltimore que co seu último disco dá o salto ao éxito internacional da man da súa nova discográfica, Domino Records, fogar doutras xoias de estilos ben dispares, The Fall, Juana Molina, Lightspeed Champion e moitos outros. Formado nos seus primeiros albums nun folk de espesura e escuro, vai aos poucos espindo o seu estilo para achegarse a un folk luminoso moito máis próximo ao pop. É con Catacombs, a súa última referencia, e a imprescindible canción Dreams come true girl, que o seu nome comeza a sonar alén do circuíto All Tomorrow Parties, do que formou parte anos anteriores cos sus primeiros traballos, iniciando unha xira que pasará por Europa en setembro despois do Pitchfork Music Festival. Catacombs é moito máis que unha boa canción, é a confirmación dun cantautor que domina a melodía e a voz sumerxido no proceso de atopar o seu lugar. Cass McCombs fai o camiño cara as raíces do folk americano sen obviar a canción, as sonoridades pop que a introducen no presente.

JPEG - 106.7 KB