Festival Sinsal Logo

Caxade

{{SINSAL ANECOICO}} _ {{31 de outubro}} | 15.00 a 17.30 _ Escola de Enxeñaría de Telecomunicación _ Universidade de Vigo _ Entrada de balde con invitación

Caxade é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Indie-folk cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

Foi nominado aos “Premios Mestre Mateo” e aos “Premios Opinión”. Gañou o “Certame Música Xove” coa formación de banda para tocar en vivo: Manu Paino (trompeta e carrillón), Maria da Pontraga (pandeira e voz), Manu Espinho (bombardino) e Xosé Tunhas (bateria).