Festival Sinsal Logo

Chrome Hoof

28 Oct 2011
Museo MARCO -

Vigo


10€

A música continúa. Poucas artes no último século foron capaces de reciclarse e ofrecer tanta variedade de estilos, estéticas, etc. É certo, que a tecnoloxía facilita a incorporación de novos ritmos, pero a creatividade, a capacidade dalgúns artistas concentrando ideas e configurando diferentes sons proxecta á música a unha liga superior. Sempre pensas que xa nada novo pode saír de aquí, que todo se repite, que falta orixinalidade, pero hai unha saída, unha físgoa por onde un pode sentir que forma parte do seu tempo e non do pasado.

E aquí estamos, co grupo revelación da Primavera Sound 2010; o directo que máis e mellores sensacións deixou ese ano. Un colectivo apadriñado por festivais tan coherentes como o ATP e que desde Sinsal levábamos varios anos tentando programar. Finalmente, grazas a unha xira que a formación inglesa realizará en España con destino ao próximo Monkey Week 2011, temos o gran pracer de anunciar a CHROME HOOF o venres 28 de outubro na sala do Museo Marco de Vigo.

Prepárache para a experiencia da túa vida. Chrome Hoof, decididamente, non son deste mundo; e a súa música tampouco: escintileos de funk ou acid-jazz, explosións de metal e heavy, algún que outro raio electro e ata aluaxes na música de cámara. Asistir a un dos seus contaxiosos directos é penetrarse nunha auténtica odisea espacial. Kubrick -e Kusturica- dedicaríanlle unha película, e Sun Ra levaríallos de copas á cantina de Mose Eisley.

Desempoa os abelorios, pero agora non serán para unha festa retro-disco do sesenta, senón para un concerto do século XXI.

COMPRAR ENTRADAS


BONO BARDO POND + CHROME HOOF (15€)


La música continúa. Pocas artes en el último siglo han sido capaces de reciclarse y ofrecer tanta variedad de estilos, estéticas, etc. Es cierto, que la tecnología facilita la incorporación de nuevos ritmos, pero la creatividad, la capacidad de algunos artistas concentrando ideas y configurando diferentes sonidos proyecta a la música a una liga superior. Siempre piensas que ya nada nuevo puede salir de aquí, que todo se repite, que falta originalidad, pero hay una salida, un resquicio por donde uno puede sentir que forma parte de su tiempo y no del pasado.

Y aquí estamos, con el grupo revelación del Primavera Sound 2010; el directo que más y mejores sensaciones dejó ese año. Un colectivo apadrinado por festivales tan coherentes como el ATP y que desde Sinsal llevábamos varios años intentando programar. Finalmente, gracias a una gira que la formación inglesa realizará en España con destino al próximo Monkey Week 2011, tenemos el gran placer de anunciar a CHROME HOOF el viernes 28 de octubre en la sala del Museo Marco de Vigo.

Prepárate para la experiencia de tu vida. Chrome Hoof, decididamente, no son de este mundo; y su música tampoco: destellos de funk o acid-jazz, explosiones de metal y heavy, algún que otro rayo electro y hasta alunizajes en la música de cámara. Asistir a uno de sus contagiosos directos es adentrarse en una auténtica odisea espacial. Kubrick -y Kusturica- le dedicarían una película, y Sun Ra se los llevaría de copas a la cantina de Mose Eisley.

Desempolva las lentejuelas, pero ahora no serán para una fiesta retro-disco de los sesenta, sino para un concierto del siglo XXI.