Festival Sinsal Logo

Diva Dompe

09 Apr 2011
Expocoruña -

A Coruña


18€

DIVA DOMPE

Diva Dompé chega co seu proxecto en solitario, Diva, despois de xirar por medio mundo formando parte de Blackblack e Pocahaunted. Co seu debut en solitario, o inclasificable álbum The Glitter End, temos acceso ao estrano e persoal mundo da californiana, onde a psicodelia, o new age ou a world music se dan a man para construír odas autorreflexivas nas que Diva se enfronta a modo de terapia consigo mesma e o exterior. Gravado completamente na súa habitación, as odas lo-fi de Diva buscan conectar coa alma máis profunda do universo, segundo as súas palabras, destacando os mantras e as percusións exóticas que lle dan á súa música o estrano encanto do orixinal. Nada sona como Diva.

Diva Dompé llega con su proyecto en solitario, Diva, después de girar por medio mundo formando parte de Blackblack y Pocahaunted. Con su debut en solitario, el inclasificable álbum The Glitter End, tenemos acceso al extraño y personal mundo de la californiana, donde la psicodelia, el new age o la world music se dan la mano para construir odas autorreflexivas en las que Diva se enfrenta a modo de terapia consigo misma y el exterior. Grabado completamente en su habitación, las lo-fi de Diva buscan conectar con el alma más profunda del universo, según sus palabras, destacando los mantras y las percusiones exóticas que le da a su música el extraño encanto de lo original. Nada suena como Diva.