Festival Sinsal Logo

Estación Inverno #4

Quén dixo que se estaban perdendo as tradicións? A Estación Inverno do
Festival Sinsal é unha demostración de cómo a xente xoven, partindo dos
instrumentos mais tradicionais, as estructuras clásicas e, sobre todo, a
admiración polos grandes creadores, é capaz de renovar con talento, creatividade e ilusión os discursos, que non as ideas.

A Estación Inverno presenta a varios artistas profundamente coñecedores
da importancia de respetar ós mestres, pero tamén de reivindica-lo seu
momento, o seu turno, o seu tempo.
Dende Arxentina, a Orquesta Típica Fernández Fierro suxire un novo punto
de partida para a música máis representativa do seu país, o Tango.
Dende Alemania, Hauschka proclama un discurso vertebrado coa axuda dun piano que manipula como un John Cage “postmoderno”. E no Salón Sinsal, Yellow Swans, e toda unha nova xeneración de xóvenes repartida polo mundo, recuperan o sentimento dos Futuristas de principios do século XX e ós ideólogos da música Industrial.

E asé comenza o curso: benvid@s

Teatro Salesianos.
Luns 13 de Febreiro.

Entrada 12€ anticipada en:
Sinsalaudio (Vigo),
Gong (Vigo y Santiago)
Elepé (Vigo).10€ para os Socios-as. 15€ En taquilla.

Portas abertas ás 21.00 horas.
Concertos ás 21.30 horas.