Festival Sinsal Logo

Estación Outono #9

CHEGA SINSAL OUTONO CON TRES NOITES DE MÚSICA NA MARXE: CHROME HOOF, BARDO POND E A FESTA DE DESPEDIDA DESTE ANO CON NISENNENMONDAI + DAS KAPITAL

Chegan por fin Chrome Hoof a Sinsal, unha explosión de jazz, disco, funk e psicodelia futurista que foi unha das sorpresas do Primavera Sound 2010. Un grupo capaz de levantar ás audiencias de medio mundo cunha fórmula que bebe de moitas fontes para crear algo novo e único dunha mestura de tradicións ás veces opostas. Chrome Hoof son unha orquestra marciana, pura hetorodoxia musical dende Londres para crebar as pistas de medio mundo. Atentos, non os perdades de vista.

Bardo Pond chegan dende os Estados Unidos, onde comezaron a súa carreira no xa lonxano 1991, movéndose nos seus vinte anos de carreira ininterrompida entre a psicodelia, o shoegaze e a improvisación.

Con oito álbumes de estudio e innumerables colaboracións, Bardo Pond continúan nun lugar propio, reservado a moi poucos. Bardo Pond só se asemellan a si mesmos.

COMPRAR BONO BARDO POND + CHROME HOOF (15€)

A festa de Despedida deste edición

Celebrarase o luns 5 de decembro na Sala Mondo de Vigo (a partir das 22.00h e ata as 03.30h). Para esta festa contaremos coas actuacións de Das Kapital e Nisennenmondai