Festival Sinsal Logo

Experience

07 Jun 2008
Teatro Vidal Bolaño -

Universidade de Vigo


10€


Experience


Dirty projectors


Niño y pistola


Teatro Vidal Bolaño da Universidade de Vigo, CUVI.
Sábado 7 de xuño. 19:30H. 10€


Gratuíto para os membros da comunidade universitaria de Vigo. 50% para o resto dos estudantes.
Abono verán: 25€. Dá acceso a tódolos eventos da estación. Localidades soltas no propio clube.

A banda de Michel Cloup (letras, guitarra, voz, samples), o que fora líder de
Diabologum, unha das mellores bandas de rock europeas da década dos noventa,
moi coñecida entre o público indie español tamén pola súa colaboración cos
asturianos Manta Ray (La última historia de seducción, Ovni/Astro, 1997), reaparece
tres anos despois de Positive Karaoke With A Gun (2005), o seu terceiro álbum. O
grupo francés, completado unicamente por Francisco Esteves (baixo) e Patrice
Cartier (batería e percusión) logo da marcha de Widy Marché (guitarra, voz), porfía no camiño aberto polos seus primeiros discos, Aujourd’hui Maintenant (2001) e
Hemisphère Gauche (2004), cun traballo intenso e combativo. Nous (en) sommes
encore là (Boxson, 2008), ou por dicilo en galego, “estamos aínda (niso) aquí”,
mestura o rock militante co hip hop contemporáneo, a enerxía da no wave
neoiorquina dos anos nos que James Chance e Arto Lindsay construían discurso
dende a International Underground co ruidismo explorado e lexitimado por unha
fértil xinea de bandas como Slint ou os incombustíbeis Sonic Youth.

Investigando máis unha vez na encrucillada entre a electrónica e o rock de
guitarras, a banda francesa gravou este cuarto disco nos estudios Electrical Audio
de Chicago con Greg Norman (Detachement Kit, Milemaker, Make Relieve, Pelican,
The Tren Brothers) como responsábel da produción. Ambición melódica e vocación
experimental volven coincidir no labor dun grupo que rexeita de plano o
altermundialismo naíf e aposta, o mesmo no proceso de construción dos seus
temas que na súa interpretación ao vivo, por unha posición politicamente activa. O
álbum dos de Tolouse conta ademais coa colaboración de Arm, cantante do grupo
de hip hop francés Psykick Lyric, e coa vocalista Mary Jane.

O Primavera Sound de Barcelona, onde aínda se recorda con nostalxia a intensa
interpretación de “Too much love” hai tres anos, ou o Festival Internacional de
Benicássim son algúns dos eventos da península nos que Expérience ten
demostrado a solvencia do seu directo. Nada sorprendente se reparamos na orixe
desta banda, nacida da traumática ruptura entre Michel Cloup e Arnaud Michiniak
(Programme) que puxo fin á historia de Diabologum, unha das bandas máis
importantes da música europea dos anos noventa.

www.myspace.com/experiencefrenchband
www.experiencenet.net

JPEG - 94.2 KB