Festival Sinsal Logo

FESTIVAL SINSAL 14 OUTONO VIGO

Vigo volve a ser escenario en 2016 deste novo Sinsal Outono. Catro propostas, programadas coa complicidade da administración municipal, que en 2016 teñen un sabor predominantemente británico. Un peso pesado da música do Reino Unido como é Lloyd Cole, será o encargado de abrir o festival o 29 de setembro no Auditorio Municipal do Concello nun concerto en solitario no que percorrerá os seus grandes éxitos. A excepción ao carácter británico desta edición vén da man de Derek Gripper, o músico sulafricano que está colocando a tradición musical da kora na escena occidental (15 outubro, Casa das Artes); continuarán a senda outonal de Sinsal os 65daysofstatic, formación instrumental de Sheffield cun ampla traxectoria no post-rock, que estarán precedidos polos Thought Forms, que desde Bristol chegan bendecidos polos mesmísimos Portishead (28 outubro MARCO). Pecha o Sinsal Outono 14 o camaleónico e pioneiro músico de Manchester Paddy Steer (2 novembro MARCO).

Lloyd Cole playing the classic Lloyd Cole songbook 1983–1996
29 setembro, 21:00h
Auditorio Municipal do Concello
Entrada: 12 euros (anticipada en ataquilla.com, Honky Tonk Discos e Elepé Discos)
15 euros (billeteira)

Derek Gripper
15 outubro, 20:30h Casa das Artes Entrada: 5 euros

65daysofstatic + Thought Forms
28 outubro, 20:30h
MARCO
Entrada: 10 euros (anticipada en ataquilla.com, Honky Tonk Discos e Elepé Discos)
13 euros (billeteira)

Paddy Steer
2 novembro, 20:30h MARCO
Entrada: 5 euros


As entradas para os concertos de Lloyd Cole e 65daysofstatic + Thought Forms poden mercarse de maneira anticipada en ataquilla.com, Honky Tonk Discos e Discos Elepé.
- A billeteira dos recintos abrirá media hora antes de cada concerto, agás no caso do Auditorio Municipal do Concello que abre unha hora antes.
- Todos os concertos terán lugar ás 20:30h, excepto Lloyd Cole que comezará ás 21:00.