Festival Sinsal Logo

Faun Fables

03 Apr 2007
Centro Cultural Caixanova -

Vigo


18€

JPEG - 31.2 KB
Faun Fables

Faun Fables é sobre todo e ante todo o frondoso e fascinante mundo interior de Dawn ’the Fawn’ McCarthy e Nils Frykdahl e ‘the transit rider’ (Drag City, 2006) a banda sonora dunha obra de ’cabaret/folk avant garde’ que conta a historia dunha moza inocente atrapada no subterráneo dunha estación de trens encantada, que busca incansable ese fogar idílico ao que un día pertenceu, e que apenas consegue recordar.

Flash Video - 8.7 MB
Faun Fables

Din que o seu directo é espectacular, un circo ambulante de malabarismos vocales, cabaret, nanas paganas, mandolinas, mini arpas, tonadillas montañesas, preciosas baladas tradicionais inglesas (the house carpenter) e surrealistas historias de trens. "The house carpenter", "i’d like to be (...i’d like to be like the wind floating around, like the cloud under the sun...)" e "Dream on a train" son cancións das de aprenderse de memoria e tararear nota a nota. O resto, aí están, apaixonadas, ambientais, esbozadas pero listas para converterse nesa combinación suxerente e imposible entre Charlie Patton, Clarence Ashley e Bertolt Brecht. Como sucede ao falar de Pumajaw, folk de ollos rasgados e feroces.

Ana Cabaleiro

www.faunfables.net/
Samples dos seus discos
Faun Fables myspace
Máis fotos

JPEG - 25.1 KB
Faun fables
JPEG - 20.9 KB
Faun Fables