Festival Sinsal Logo

Festival Sinsal 12

O Festival Sinsal 12 arrancou en xaneiro con Dorian Wood e en xullo atracou na illa de San Simón para o Sinsal SON Estrella Galicia. Agora volve a Vigo, a súa casa, na súa edición número 12 cunha programación que unha vez máis aposta pola diferenza, a sorpresa e o eclecticismo. Nesta ocasión os principais concertos realizaranse durante o 6 de decembro en dous espazos, o auditorio do MARCO e a Sala Máster. Sinsal 12 conxuga experiencia e xuventude, Pere Ubu e Half Japanese, dúas propostas fundamentais para comprender a música actual, e Sandra Kolstad, unha promesa da electrónica europea chegada dende Noruega.

Os concertos na sala semianecoica da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación continuarán coa presenza doutras dúas bandas galegas despois do turno de Best Boy: a revisión folk de Caxade e a electrónica de Ulobit. Sinsal Anecoico é un proxecto que nace coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo e o laboratorio de acústica organizado por AtlanTIC na EE Telecomunicación da Universidade de Vigo.

MERCAR ENTRADAS