Festival Sinsal Logo

Jin Hi Kim & Gerry Hemingway

30 Jul 2008
Museo do Mar -

Vigo


5€


Museo do Mar.
Mércores 30 de xullo. 22H. 5€


Desconto do 50% para a comunidade universitaria de Vigo
Abono verán: 25€. Dá acceso a tódolos eventos da estación. Localidades soltas no propio Museo.

Virtuosa do komungo, unha cítara con trastes procedente de Corea e inventada no
século IV, Jin Hi Kim posúe unha excepcional traxectoria marcada tanto polo seu
talento como instrumentista como pola súa anovadora achega como compositora e
improvisadora. Ela é a responsábel da introdución deste instrumento na música
occidental, o mesmo en orquestras, formacións de cámara ou grupos de jazz de
vangarda. Coinventora do único komungo eléctrico do mundo, no seu currículo
figuran concertos no Carnegie Hall, o Lincoln Center for the Performing Arts, a
Brooklyn Academy of Music, o Festival of Asian Art de Hong Kong, o Royal Albert
Hall de Londres, a Haus der Kulturen de Berlín, o Nazuca Music Festival de Perú, o
Alternativa Contemporary Music Festival de Moscova ou o Vancouver International
Jazz Festival de Canadá, entre outros moitos.

O seu traballo estrutúrase nunha constelación de proxectos diferentes, algúns
como solista e outros en colaboración con outros músicos. Dende creacións
multimedia como Digital Buddha, onde mestura o komungo eléctrico coas
proxeccións de vídeo mesturadas ao vivo, até bandas sonoras como a que fixo para un filme documental sobre refuxiados coreanos. Para a súa actuación no
Festival SINSAL 6 estará acompañada polo percusionista de jazz norteamericano
Gerry Hemingway, co que mantén un proxecto conxunto chamado Sanjo Ecstasy.
Na música dende 1974, Hemingway tamén combina proxectos persoais, como o
seu cuarteto con Ellery Eskelin, Herb Robertson e Mark Helias, con colaboracións
con xentes como Evan Parker, John Cale, Anthony Davis, Leo Smith, Michael
Moore, Geroge Lewis, Mark Dresser e outros moitos.

www.jinhikim.com
www.gerryhemingway.com

JPEG - 43.9 KB
(60532, 2, 0), (60532, 6, 0), (60531, 2, 0), (60531, 6, 0), (60527, 2, 0), (60527, 6, 0), (60525, 2, 0), (60525, 6, 0), (60524, 2, 0), (60524, 6, 0), (60523, 2, 0), (60523, 6, 0), (60522, 2, 0), (60522, 6, 0), (60521, 2, 0), (60521, 6, 0), (60520, 2, 0), (60520, 6, 0), (60519, 2, 0), (60519, 6, 0), (60517, 2, 0), (60517, 6, 0), (60516, 2, 0), (60516, 6, 0), (60513, 2, 0), (60513, 6, 0), (60514, 2, 0), (60514, 6, 0), (60515, 2, 0), (60515, 6, 0), (60512, 2, 0), (60512, 6, 0), (60509, 2, 0), (60509, 6, 0), (60508, 2, 0), (60508, 6, 0), (60507, 2, 0), (60507, 6, 0), (60505, 2, 0), (60505, 6, 0), (60504, 2, 0), (60504, 6, 0), (60503, 2, 0), (60503, 6, 0), (60502, 2, 0), (60502, 6, 0), (60500, 2, 0), (60500, 6, 0), (60493, 2, 0), (60493, 6, 0), (60492, 2, 0), (60492, 6, 0), (60490, 2, 0), (60490, 6, 0), (6011, 2, 0), (6011, 6, 0), (60487, 2, 0), (60487, 6, 0), (60486, 2, 0), (60486, 6, 0),