Festival Sinsal Logo

José González

11 Jul 2009
Centro Cultural Caixanova -

Vigo


10€

SINSAL Verán

Centro Cultural Caixanova
Sábado, 11 de xullo
22:00 h
15, 12 ou 10 euros

As entradas poden adquirirse por anticipado na billeteira electrónica de Caixanova (www.caixanova.es) e no teléfono 902 504 500, ou se non no propio teatro durante día do concerto. A comunidade universitario de Vigo e os estudantes teñen un desconto do 50%.

www.jose-gonzalez.com/
www.myspace.com/josegonzalez

“Nun mundo de clones musicais, José González é un orixinal e emocionante novo talento”, dixeron del na prensa británica. Sueco de pai arxentino, as armas privilexiadas deste bioquímico para se mover polo mapa musical son os arpexios e acordes da súa guitarra clásica, amais dunha voz grave con acento íntimo. A electricidade non existe no seu universo, que ofrece a cambio preciosas relecturas acústicas de clásicos coma “Teardrop” (Massive Attack) ou “Love will tear us apart” (Joy Division). Tras escoitalo veñen algúns nomes inevitábeis á cabeza: Leonard
Cohen, Elliot Smith, Nick Drake. Mais González, ao referir influencias, presenta unha ampla e cando menos sorprendente listaxe de artistas: o malogrado Chet Baker, a Nova Trova Cubana, Will Oldham, os primeiros discos de Silvio Rodríguez, a música brasileña, Fela Kuti e os imprescindíbeis Jason Molina e Tortoise. Se cadra porque baixo a súa coiraza de cantautor habita un lúcido iconoclasta.

JPEG - 40 KB

Con Veerner (2000), o seu primeiro traballo, José González conqueriu
recoñecemento fóra do circuito da música independente, en parte grazas a un anuncio dunha multinacional que empregaba a súa versión de “Heartbeats”, orixinal dos tamén suecos The Knife. En 2007 prolongou con In our nature o estilo sinxelo e introspectivo que o fixera inconfundíbel, pero co engadido nalgunhas cancións doutros dous compañeiros de viaxe: Eric Bodin ás percusións e Yukimi Nagamo nos coros. Un proceso de gravación caseiro e letras rebordantes de simbolismo axustaron este segundo traballo discográfico no que, outra volta, menos é máis.

(60532, 2, 0), (60532, 6, 0), (60531, 2, 0), (60531, 6, 0), (60527, 2, 0), (60527, 6, 0), (60525, 2, 0), (60525, 6, 0), (60524, 2, 0), (60524, 6, 0), (60523, 2, 0), (60523, 6, 0), (60522, 2, 0), (60522, 6, 0), (60521, 2, 0), (60521, 6, 0), (60520, 2, 0), (60520, 6, 0), (60519, 2, 0), (60519, 6, 0), (60517, 2, 0), (60517, 6, 0), (60516, 2, 0), (60516, 6, 0), (60513, 2, 0), (60513, 6, 0), (60514, 2, 0), (60514, 6, 0), (60515, 2, 0), (60515, 6, 0), (60512, 2, 0), (60512, 6, 0), (60509, 2, 0), (60509, 6, 0), (60508, 2, 0), (60508, 6, 0), (60507, 2, 0), (60507, 6, 0), (60505, 2, 0), (60505, 6, 0), (60504, 2, 0), (60504, 6, 0), (60503, 2, 0), (60503, 6, 0), (60502, 2, 0), (60502, 6, 0), (60500, 2, 0), (60500, 6, 0), (60493, 2, 0), (60493, 6, 0), (60492, 2, 0), (60492, 6, 0), (60490, 2, 0), (60490, 6, 0), (6011, 2, 0), (6011, 6, 0), (60487, 2, 0), (60487, 6, 0), (60486, 2, 0), (60486, 6, 0),