Festival Sinsal Logo

Kings of Convenience

03 Nov 2009
Centro Cultural Caixanova -

Vigo


10€

KINGS OF CONVENIENCE
+ Javiera Mena

Centro Cultural Caixanova.
Martes, 3 de novembro.
21:00 h.
10-12-15 euros.

Kings of Convenience volven á estrada e ás tendas despois de cinco anos de silencio. O dúo noruegués formado por Erlend Oye e Eirik Glambek Boe segue a transitar polas augas mansas dun pop a dúas voces delicado e sutil. Con Declaration of Dependence, o seu novo disco, Kings of Convenience ispen o seu son até superar ás súas anteriores aventuras no que a sinxeleza se refire, emocionais e sinceiros continúan cunha procura que en anteriores traballos xa deu os seus froitos. Que unha proposta como a súa estea entre os cincuenta discos máis vendidos dos circuítos indies do Reino Unido e Estados Unidos, tan saturados de hypes e new big things, está alén de ser unha sorpresa, é a confirmación dun traballo dirixido a pequenas audiencias que atopa ao gran público no boca a orella. Falar de Kings of Convenience sen destacar as influencias non é posible, moito se ten falado do seu parecido con Simon and Garfunkel, as voces, as melodías, as guitarras, pero non se poden entender sen situalos a medio camino entre a sensibilidade de Nick Drake e o pop naïf e divertido de Belle and Sebastian. A súa colaboración con Leslie Feist, a voz e a cara de Feist, axuda a encadralos dentro do pop contemporáneo. O silencio é o novo ruído, título do seu primeiro álbum, define á perfección o camiño deste dúo que unha vez máis trae do Norte unha proposta cálida e sinxela, para quentar a modo.

http://www.myspace.com/kingsofconvenience
http://www.kingsofconvenience.com

JPEG - 56.7 KB
JPEG - 55.8 KB
(60532, 2, 0), (60532, 6, 0), (60531, 2, 0), (60531, 6, 0), (60527, 2, 0), (60527, 6, 0), (60525, 2, 0), (60525, 6, 0), (60524, 2, 0), (60524, 6, 0), (60523, 2, 0), (60523, 6, 0), (60522, 2, 0), (60522, 6, 0), (60521, 2, 0), (60521, 6, 0), (60520, 2, 0), (60520, 6, 0), (60519, 2, 0), (60519, 6, 0), (60517, 2, 0), (60517, 6, 0), (60516, 2, 0), (60516, 6, 0), (60513, 2, 0), (60513, 6, 0), (60514, 2, 0), (60514, 6, 0), (60515, 2, 0), (60515, 6, 0), (60512, 2, 0), (60512, 6, 0), (60509, 2, 0), (60509, 6, 0), (60508, 2, 0), (60508, 6, 0), (60507, 2, 0), (60507, 6, 0), (60505, 2, 0), (60505, 6, 0), (60504, 2, 0), (60504, 6, 0), (60503, 2, 0), (60503, 6, 0), (60502, 2, 0), (60502, 6, 0), (60500, 2, 0), (60500, 6, 0), (60493, 2, 0), (60493, 6, 0), (60492, 2, 0), (60492, 6, 0), (60490, 2, 0), (60490, 6, 0), (6011, 2, 0), (6011, 6, 0), (60487, 2, 0), (60487, 6, 0), (60486, 2, 0), (60486, 6, 0),