Festival Sinsal Logo

Konono No. 1

20 Jun 2009
Centro Cultural Caixanova -

Vigo


10€

SINSAL Primavera

Centro Cultural Caixanova
Sábado, 20 de xuño
22:00 h
15, 12 ou 10 €.

As entradas poden adquirirse por anticipado na billeteira electrónica de Caixanova (www.caixanova.es) e no teléfono 902 504 500, ou no propio teatro durante día do concerto. A comunidade universitario de Vigo e os estudantes teñen un desconto do 50%.

www.crammed.be/konono
www.myspace.com/konononr1

Iniciado hai 25 anos por Mingiedi, un virtuoso do likembé ou piano de polgar, instrumento tradicional do seu país, o proxecto Konono No. 1 deixa de lado os tópicos da música africana –tambores contundentes e delicadas koras- para espallar unha proposta singular: con métodos puramente artesanais, empregando ferralla ou mesmo precaria tecnoloxía colonial, como os altofalantes que usaban os belgas para difundiren a súa propaganda, electrifican os sons da etnia bazombo para producir un son inverosímil, saturado e distorsionado. O que empezara coma un xeito de combater o infernal ruído das rúas de Kinshasa é hoxe un espectáculo que conta coa beizón da crítica especializada, como as revistas Wire ou Mojo, e dos medios xeneralistas máis influíntes, caso do New York Times ou The Guardian.

JPEG - 189.5 KB

Os artífices de Konono No. 1 veñen dunha rexión estremeira entre Congo e Angola.
O seu repertorio prende na música ancestral, pero a partir da improvisada
amplificación, e case dun xeito involuntario, a súa sonoridade enfía un camiño
distinto que a emparenta coas propostas electrónicas e experimentais que se
facturan en Europa ou nos EUA. Congotronics, o seu primeiro álbum de estudio, gravouno e produciuno Vincent Kenis, un gran coñecedor da música congolesa e responsábel do son, entre outros, de Zap Mama, Taraf de Haïdouks e Koçani Orkestar. Publicado en 2005 polo selo Crammed, foi un éxito inmediato e colocou aos Konono Nº 1 no foco de moitos músicos de vangarda, entre eles a islandesa Björk, para a que gravaron un tema en 2008.

(60532, 2, 0), (60532, 6, 0), (60531, 2, 0), (60531, 6, 0), (60527, 2, 0), (60527, 6, 0), (60525, 2, 0), (60525, 6, 0), (60524, 2, 0), (60524, 6, 0), (60523, 2, 0), (60523, 6, 0), (60522, 2, 0), (60522, 6, 0), (60521, 2, 0), (60521, 6, 0), (60520, 2, 0), (60520, 6, 0), (60519, 2, 0), (60519, 6, 0), (60517, 2, 0), (60517, 6, 0), (60516, 2, 0), (60516, 6, 0), (60513, 2, 0), (60513, 6, 0), (60514, 2, 0), (60514, 6, 0), (60515, 2, 0), (60515, 6, 0), (60512, 2, 0), (60512, 6, 0), (60509, 2, 0), (60509, 6, 0), (60508, 2, 0), (60508, 6, 0), (60507, 2, 0), (60507, 6, 0), (60505, 2, 0), (60505, 6, 0), (60504, 2, 0), (60504, 6, 0), (60503, 2, 0), (60503, 6, 0), (60502, 2, 0), (60502, 6, 0), (60500, 2, 0), (60500, 6, 0), (60493, 2, 0), (60493, 6, 0), (60492, 2, 0), (60492, 6, 0), (60490, 2, 0), (60490, 6, 0), (6011, 2, 0), (6011, 6, 0), (60487, 2, 0), (60487, 6, 0), (60486, 2, 0), (60486, 6, 0),