Festival Sinsal Logo

Laetitia Sadier

20 Feb 2011
Salón Teatro -

Santiago Compostela


5€

A inconfundible voz de Stereolab, Laetitia Sadier, chega por primeira vez en solitario presentando o seu debut The Trip, unha colleita de cancións de apariencia sinxela que agochan toda a profundidade que caracteriza o seu traballo dende os inicios. The Trip é a súa primeira referencia en solitario, co seu nome, unha viaxe persoal ao fondo do seu traballo, a condensación de anos que se mostra por primeira vez espida. Laetitia Sadier aproveita a ocasión para amosar a súa cara menos barroca, máis directa, prescindindo dos arranxos para ofrecer a súa voz pura.

COMPRAR ENTRADAS PARA ESTE CONCERTO