Festival Sinsal Logo

MV & EE with The Golden Road (EEUU)

Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road (EEUU)

Todo no mundo de Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road vive á marxe da realidade. Desde mediados da década pasada Matt Valentine foi alimentando unha carreira enfocada a dar saída aos sons tradicionais do pasado (folk, blues rural, psicodelia...) a través dun prisma persoal ata o punto de crear o son spectra sound para resaltar a profundidade, localización e resonancia da súa particular forma de entender a música.

A través de selos habitantes no ostracismo e colaboracións con xente como a propia Erika Elder, Loren Mazzacane Connors, P.G. Six, Tim Barnes, Chris Corsano, Samara Lubelski, Joshua Burkett ou Dean Roberts etc., sempre fóra do circuíto de selos discográficos e redes de comercialización masivas, permitiron exteriorizar o seu traballo cun modus operandi que recorda as race recordings (primeiras gravacións de blues rural e música de cabaret cuxo destino principal eran os guetos negros dos Estados Unidos) e o desenvolvemento dos private pressings, forma baixo a cal se distribuía a música experimental nos anos 60. Matt Valentine é grande, un dos novos músicos máis brillantes da escena internacional.

www.myspace.com/mveebummerroad