Festival Sinsal Logo

Nisennenmondai

05 Dec 2011
Sala Mondo -

Vigo


5€

Nisennenmondai é un trío instrumental xaponés formado por unha guitarrista, unha baixista e unha batería que levan xuntas desde comezos de século con xa seis referencias de estudio.

As súas referencias son Sonic Youth, Neu! ou Battles, e as súas xiras pasan por Australia ou os Estados Unidos. Puro Krautrock intemporal, xogando a tres bandas a compoñer paisaxes sonoras rotas, elegantes e equilibradas.

Elas, con Das Kapital despiden esta edición do Festival SINSAL#9.