Festival Sinsal Logo

O Fillo Pausado

08 Mar 2008
Salón Teatro -

Santiago Compostela

O fillo pausado é a arriscada e innovadora proposta do vigués Magú Castromil quen a finais dos anos 90 edita "Ele", un vinilo cheo de emocións, de letras abertas ás ideas do escoitador, abertas ás circunstancias do suxeito oínte. Nick Drake, LLuis Llach, Nick Cave, Pink Floyd... asómanse a este traballo que edita a través do selo independente vigués Man Records.

Desde aquela, a edición dos seus discos está en mans de Javier Abreu a través de Ediciones Antropopmórficas. "Unidades", o seu último traballo no mercado, incorpora tamén a unha violinista: Eva.