Festival Sinsal Logo

Pere Ubu

{{6 de decembro 2014}} | 23.30h _ Sala Master _ Bono: 20/25€ _ Entrada única: 13/15€

Pere Ubu é un dos mellores exemplos de integridade artística que deu a historia do rock. Fundados en 1975, e coa figura reverencial de David Thomas como faro e única constante, os de Cleveland déixano claro dende o lema que preside a súa enciclopédica web: Ars longa,spectatores fugaces (a arte perdura, o público vén e vai).

Toda unha declaración de intencións que vén rexendo a súa monumental carreira, e que explica a falta de prexuízos dun discurso que, aínda que aceptaría infinitas etiquetas, podemos resumir como art punk rock ou, de xeito máis xusto, rock á Pere Ubu.

Ese perfil de outsiders natos privounos do éxito comercial, ao tempo que lles granxeaba un papel de culto que fai enmudecer o doutras divindades underground coetáneas como Swans, The Residents, RedeKrayola (o propio Mayo Thompson formou parte de Pere Ubu), ouFaust. Consciente ou inconscientemente influíron á plana maior do rock internacional, e entre os seus seguidores confesos encontrámonos, por poñer uns exemplos, a Joy Division, Pixies,Husker Du, Henry Rollins, REM, Sisters of Mercy, Thomas Dolby,Bauhaus, ou Julian Cope. Aí é nada.

Aínda que os seus directos son coñecidos pola súa demoledora intensidade, David Thomas e os seus non se prodigaron nos nosos escenarios, e a súa visita ao noso país con motivo da presentación de "Carnival of Souls" (Fire, 2014),un décimo oitavo disco de estudo que ten como data de publicación o próximo mes de setembro, prevese como unha cita histórica. Marquen en vermello os seus calendarios.

MERCAR ENTRADAS

(60532, 2, 0), (60532, 6, 0), (60531, 2, 0), (60531, 6, 0), (60527, 2, 0), (60527, 6, 0), (60525, 2, 0), (60525, 6, 0), (60524, 2, 0), (60524, 6, 0), (60523, 2, 0), (60523, 6, 0), (60522, 2, 0), (60522, 6, 0), (60521, 2, 0), (60521, 6, 0), (60520, 2, 0), (60520, 6, 0), (60519, 2, 0), (60519, 6, 0), (60517, 2, 0), (60517, 6, 0), (60516, 2, 0), (60516, 6, 0), (60513, 2, 0), (60513, 6, 0), (60514, 2, 0), (60514, 6, 0), (60515, 2, 0), (60515, 6, 0), (60512, 2, 0), (60512, 6, 0), (60509, 2, 0), (60509, 6, 0), (60508, 2, 0), (60508, 6, 0), (60507, 2, 0), (60507, 6, 0), (60505, 2, 0), (60505, 6, 0), (60504, 2, 0), (60504, 6, 0), (60503, 2, 0), (60503, 6, 0), (60502, 2, 0), (60502, 6, 0), (60500, 2, 0), (60500, 6, 0), (60493, 2, 0), (60493, 6, 0), (60492, 2, 0), (60492, 6, 0), (60490, 2, 0), (60490, 6, 0), (6011, 2, 0), (6011, 6, 0), (60487, 2, 0), (60487, 6, 0), (60486, 2, 0), (60486, 6, 0),