Festival Sinsal Logo

Raccoo-oo-oon

04 Nov 2007
Museo MARCO -

Vigo


10€

RACCOO-OO-OON: rock en casetes.

Primeira pista: mentres case todo o mundo apúntase aos “masters en novas tecnoloxías” e fai cursos acelerados para vender a súa música por teléfono móbil, uns poucos recuperan o "tape yourself" e como sucedese nos primeiros oitenta cos selos de casetes domésticas -imprescindible para entender por exemplo a no wave neoiorkina- tíranse ao campo e empezan a editar música en cdr, tape ou vinilo de edicións limitadas e con deseños personalizados que despois venden nos seus concertos ou polo tradicional correo postal. Segunda pista: cada vez hai máis dificultade para tocar porque as salas alúganse e estas só as poden pagar os grupos coñecidos que son os que xeran movemento en despacho de billetes. Está situación que xa ven de lonxe nalgunhas grandes cidades de Estados Unidos ou Inglaterra provocou un novo punto de partida para moitos grupos que agora tocan en condicións "extremas", sen recursos técnicos, ainda que sobrados de ilusión e talento, o que propiciou un novo escenario, espontáneo e de gran vitalidade que borra todas as incomodidades acústicas en favor dun contacto máis próximo co público.

JPEG - 36.1 KB

Neste escena de aparente caos desenvolven a súa actividade o quinteto de Iowa (EEUU), Raccoo-oo-oon, moi próximos a todo eses grupos expulsados da gran mazá pola especulación inmobiliaria tipo Animal Collective, Gang Gang Dance, etc. e que volveron ás orixes da independencia musical; aqueles que os artistas nunca tiveron que abandoar ( ao marxe do uso da novas tecnoloxías como internet). O formato físico, ese mesmo que implica contacto, e tamén suor e emoción, non pode suplirse coa tecnoloxía, nin do “myspace” , nin o da mesa “mackie de 24 canles e 6 envíos a monitores”. Raccoo-oo-oon non teñen myspace, pero sí ducias de cintas, cdr, discos de vinilo e, por suposto, cancións en mp3 na súa web para que poidas escoitar a súa música. Tocan en clubs, museos, festivais, e tamén che montan un concerto no corredor da túa casa ou no cuarto de baño.

Vídeo

Audio

+ Vídeos