Festival Sinsal Logo

Sandra Kolstad

{{6 de decembro 2014}} | 20.30h _ MARCO de Vigo _ Bono: 20/25€ _ Entrada única: 13/15€ (+ Half Japanese)

Sandra Kolstad combina a súa paixón polos elementos acústicos e electrónicos nun universo musical experimental, cheo de alegría e imaxinación. As súas actuacións altamente visuais seducen o público e abren un universo repleto de ritmos electrónicos, voces marabillosas e intensas instrumentacións.

Xa dende moi novo Sandra Kolstad se dedicou á música, inicialmente como estudante de piano clásico en Noruega, aínda que pronto o seu foco principal foi compoñer a súa propia música. Despois de viaxar por varios países como Cuba, India ou Mongolia, Sandra mudouse a Berlín en 2009 e comezou a traballar nas súas propias cancións, establecendo a súa identidade musical.

En Berlín, Sandra empezou a traballar coa música electrónica, hardware electrónico e sintetizadores, e pronto descubriu un son que a puidese identificar. Un son que é experimental pero bailable e invita ao oínte á súa realidade extravagante. Centrándose na exploración do potencial da súa música en directo, as actuacións de Sandra Kolstad son visualmente estimulantes, ao igual que os seus vídeos e sesións de fotos.

O seu debut Crux e o seu segundo álbum, Nothing Lasts Forever, recibiron grandes eloxios tanto en Noruega coma a nivel internacional, e en consecuencia, estivo a xirar por Europa, Reino Unido, Rusia, Canadá e EUA.

MERCAR ENTRADAS