Festival Sinsal Logo

Sea & Cake

28 Oct 2007
Auditorio Caixanova -

Vigo


12€

SEA & CAKE: pop elegante.

Se houbese que pór un nome á súa envexable traxectoria habería que chamarlles como ese lexendario e extraordinario grupo que non hai moito tempo tivemos a oportunidade de ver en Vigo chamado Art Ensemble Of Chicago. Eles representan como poucos ese espírito ensamblado da arte multidisciplinar tanto de portas fóra como na propia vida interior da súa música. Cada un dos seus compoñentes continúan coas súas carreiras individuais ligadas á música ou nas súas outras "vidas" paralelas próximas á pintura e a fotografía. Dos catro compoñentes o máis coñecido -e recoñecido- no mundo da música é John McEntire polo seu traballo en Tortoise, un dos nomes máis emblemáticos do que se chamou Post-Rock durante os 90. Sea & Cake fan do complexo algo sinxelo e o que en moitos grupos sería un crebacabezas inclasificable nas súas mans é unha lección humilde de pop bo, bonito e con clase.

JPEG - 74.8 KB