Festival Sinsal Logo

European Festival Awards 2015

12 Nov 2015

Por segundo ano consecutivo, o Festival Sinsal Son Estrella Galicia en San Simón, Redondela, é candidato aos European Festival Awards 2015 na categoría de "Best Small Festival", compartindo esta honra xunto a outros 58 festivais europeos.

As votaciones estarán abertas ate o día 12 de novembro e os dez festivais máis votados polo público en cada categoría pasarán á fase final, que se celebrará o próximo 13 de xaneiro en Groningen, Holanda.

Neste enlace podedes votar en cada categoría e participar en varios premios, como conseguir entradas VIP nos festivais gañadores.

Desde Sinsal Son Estrela Galicia en San Simón queremos agradecervos a vosa confianza e solicitamos a vosa colaboración para axudarnos a promocionar o festival e a Illa de San Simón por toda Europa.