Festival Sinsal Logo

Sir Richard Bishop

01 Feb 2009
Museo MARCO -

Vigo


12€

Sir Richard Bishop

Salón SINSAL. Museo MARCO de Vigo.
1 de febreiro, ás 19:45 horas Entrada: 12 euros .

http://www.sirrichardbishop.net/

O guitarrista Richard Kighted foi fundador e membro durante vinte anos dos seminais Sun City Girls, a quen se lles atribúe a paternidade do recente “freak folk”. Porén, non se alcumaría Sir Richard Bishop deica o seu primeiro álbum en solitario, Salvador Kali (1998), que xa daba conta dunha feroz expresivade feroz coas seis cordas e da vontade de esmiuzar a tradición do instrumento dende unha posición sabiamente experimental. Polytheistic Fragments (2007) é a súa máis recente declaración caleidoscópica, a virtuosa demostración de até onde pode chegar alguén con apenas unha guitarra entre as mans. Das once cancións que integran o disco, gran parte delas serían improvisadas no propio estudio de gravación, coma unha caste de feitizo. A afección do músico polo ocultismo e polas viaxes a territorios orientais nótaselle ben no que toca e en como o toca.

Django Reinhardt, Chet Atkins, John Fagey, músicas tuaregs ou hindús, ragas, mesmo flamenco, todo colle e avinza no talento multidimensional de Richard Bishop, capaz de trazar con tres notas una liña que conecta as melodías e harmonías dos catro puntos cardinais do hemisferio. A biodiversidade sonora de Polytheistic Fragments sería ao respecto a mellor proba: o folk melancólico de “Quescent Return”, o blues eléctrico e etéreo de “Hectate´s dream”, a viaxe mística de “Saraswati”, o surf excéntrico de “Canned Goods & Firearms”, etc. Os fragmentos de Bishop son coma cores na paleta dun bo pintor. E a exquisita mestura de elementos acreditaríao para partillar escenario con outros grandes da música contemporánea, coma Bonnie “Prince” Billy ou Devendra Banhart.

JPEG - 47.4 KB
JPEG - 61.9 KB

(60532, 2, 0), (60532, 6, 0), (60531, 2, 0), (60531, 6, 0), (60527, 2, 0), (60527, 6, 0), (60525, 2, 0), (60525, 6, 0), (60524, 2, 0), (60524, 6, 0), (60523, 2, 0), (60523, 6, 0), (60522, 2, 0), (60522, 6, 0), (60521, 2, 0), (60521, 6, 0), (60520, 2, 0), (60520, 6, 0), (60519, 2, 0), (60519, 6, 0), (60517, 2, 0), (60517, 6, 0), (60516, 2, 0), (60516, 6, 0), (60513, 2, 0), (60513, 6, 0), (60514, 2, 0), (60514, 6, 0), (60515, 2, 0), (60515, 6, 0), (60512, 2, 0), (60512, 6, 0), (60509, 2, 0), (60509, 6, 0), (60508, 2, 0), (60508, 6, 0), (60507, 2, 0), (60507, 6, 0), (60505, 2, 0), (60505, 6, 0), (60504, 2, 0), (60504, 6, 0), (60503, 2, 0), (60503, 6, 0), (60502, 2, 0), (60502, 6, 0), (60500, 2, 0), (60500, 6, 0), (60493, 2, 0), (60493, 6, 0), (60492, 2, 0), (60492, 6, 0), (60490, 2, 0), (60490, 6, 0), (6011, 2, 0), (6011, 6, 0), (60487, 2, 0), (60487, 6, 0), (60486, 2, 0), (60486, 6, 0),