Festival Sinsal Logo

The Dirty Projectors

07 Jun 2008
Teatro Vidal Bolaño -

Universidade de Vigo


10€


Experience


Dirty projectors


Niño y pistola


Teatro Vidal Bolaño da Universidade de Vigo, CUVI.
Sábado 7 de xuño. 19:30H. 10€


Gratuíto para os membros da comunidade universitaria de Vigo. 50% para o resto dos estudantes.
Abono verán: 25€. Dá acceso a tódolos eventos da estación. Localidades soltas no propio clube.

Abonda unha primeira lectura das crónicas sobre o acontecido na última edición do
prestixioso Primavera Sound barcelonés para certificar que The Dirty Projectors é
unha das bandas máis interesantes da escena indie norteamericana arestora. Con
todo, a historia non empezou onte. A carreira musical do norteamericano Dave
Longstreth, cerebro do proxecto, arrinca hai seis anos con The Graceful Fallen
Mango, o primeiro disco deste ex estudante de Yale. Decontado virían as
colaboracións con The Microphones, Bobby Birman ou [1]]] e o seu
primeiro disco como The Dirty Projectors. Logo dese iniciático The Glad Fact
(Western Vynil, 2003) chegarían outros como Morning Better Last! (States Rights,
2004) ou Slaves’ Graves and Ballads (Western Vynil, 2004), entre outros. Pero o
salto de Longstreth e compañía ao foco da crítica especializada non acontecería
até a publicación de Rise Above (Dead Oceans, 2007), un dos discos máis
abraiantes dos últimos anos. Non exactamente unha relectura, senón máis ben
unha revisitación intelixente, historiograficamente desprexuiciada e ideoloxicamente honesta do Damaged (1981), o debut dos Black Flag de Henry Rollins, este disco
puxo toda a atención sobre o proxecto que Longstreth comparte con Brian
McOmber (batería), Amber Coffman (guitarra) e Angel Desadoorian (baixo). Este
alquimista de melodías viciadas e estremas regravou de memoria, nun curioso
exercicio de (re)deconstrución, un dos discos clave da súa aprendizaxe.

JPEG - 30.9 KB

www.myspace.com/dirtyprojectors