Festival Sinsal Logo

The Ex

15 Nov 2012
NORMAL -

A Coruña


10€

Formada nos Países Baixos en 1979, a banda intégrana hoxe Katherina Bornefeld, Andy Moor, Terrie Hessels e o vocalista Arnold de Boer, quen substitúe dende hai dous anos o fundador G. W. Sok. Punk experimental en permanente discusión. Improvisación libertaria e politicamente consciente. Un ollo sempre contra o rock e outro con África. Máis de trinta anos de traballo e unhas corenta gravacións recoñecidas. O seu último disco en solitario é Catch My Shoe (2010).