Festival Sinsal Logo

The Necks

25 Oct 2008
Centro Cultural Caixanova -

Vigo


10€

The Necks (Australia)

Por separado, son tres dos instrumentistas máis respectados de Australia nun amplo abano de estilos, dende o pop á música de vangarda. Xuntos, Chris Abrahams (piano), Tony Bruck (batería) e Lloyd Swanton (baixo) forman The Necks, unha banda difícil de clasificar, con catorce discos ás costas e un prestixio inversamente proporcional ao seu nulo esforzo promocional. Post-jazz ou post-rock, depende de quen o enuncie, The Necks é o que acontece na música experimental cando o experimento funciona. Dub, krautrock, minimalismo, pop ou ambient, non hai maneira de etiquetar a un trío único, tan disciplinado como heterodoxo, que toca coma unha orquestra de vinte músicos.

www.thenecks.com
www.myspace.com/thenecks

JPEG - 33.7 KB
JPEG - 26.9 KB