Festival Sinsal Logo

Ulobit

{{SINSAL ANECOICO}} _ {{5 de decembro}} | 9.30 a 13.30 _ Escola de Enxeñaría de Telecomunicación _ Universidade de Vigo _ Entrada de balde con invitación

Ulobit é un proxecto formado por Ariel Ninas (zanfoña), Horacio González (vídeo) e Xoan Xil (electrónica) baseado na improvisación e experimentación, movéndose sempre entre o erro sonoro/visual, a música incidental e os ritmos minimalistas. Despois de participar en diversos festivais como o ECO de Madrid, Espazos Sonoros de Galicia ou o Paessagi Musicale de Ravello, o seu traballo arredor da interferencia é unha das máis interesantes proposta dunha Galicia experimentadora que está en estado de expansión continua.