Festival Sinsal Logo

Wavves

30 May 2009
Museo MARCO -

Vigo


8€

Salón SINSAL

Museo MARCO de Vigo
Sábado, 30 de maio
21:00 h
8 euros
Entrada conxunta á de Indómitos

As entradas pódense adquirir dende dúas horas do concerto na billeteira do museo, cun desconto do 50 % para estudantes e para a comunidade universitaria Vigo.

www.myspace.com/wavves

JPEG - 30 KB

Por moito que Nathan Williams, alma e cerebro de Wavves, se teña por seguidor incondicional dos Beach Boys, a súa música záfase das melodías doces e soleadas do pop californiano para se instalar nun campo minado no que operan No Age, Times New Viking ou Mika Miko. Punk lo-fi e espíritu garaxeiro zarrapicado de estribillos que semellan acabados de saír do forno para unha banda que, logo de se estrearen en 2008 cun álbum homónimo e autoeditado, encetaba 2009 coa reedición dese mesmo traballo discográfico a través do selo De Stijl. Malia que Wavves é un proxecto unipersoal que empeza e remata co propio Williams, conta ao vivo coa presenza de Ryan Ush para expandirse coma un estrondoso tsunami.