Festival Sinsal Logo

Young Marble Giants

29 May 2008
Centro Cultural Caixanova -

Vigo


15€

YOUNG MARBLE GIANTS (Gales)

Hai bandas, como os Joy Division de Ian Curtis, ás que lles abonda un disco para entrar de vez na historia da música popular contemporánea. No caso de Young Marble Giants e o seu brillante Colossal Youth, isto aconteceu dúas veces: primeiro, cando o publicaron en 1980, e logo cando o selo norteamericano Domino o reeditou en 2007, coartada para unha das reunións máis agardadas dos últimos trinta anos. Nome fundamental da new wave británica, banda de culto dende hai un cuarto de século e unha das referencias máis importantes doutra icona da música do século XX, o finado Kurt Cobain, os galeses han demostrar nos dous concertos que van ofrecer este ano no estado español, un en Galicia (Festival Sinsal) e outro no Primavera Sound barcelonés, que a súa pegada é aínda máis fonda que a das estatuas gregas nas que se inspira o seu nome. Constituídos en Cardiff no ano 1978, no tránsito entre os derradeiros acenos do punk e a emerxencia da new wave, os irmáns Phillip e Stuart Moxham e Alison Statton foron quen de axuntar a filosofía do ‘do it yourself’ e o pop de vangarda. Aí, nesa encrucillada, prendeu o insólito Colossal Youth, unha anomalía histórica que hoxe conserva intacto todo o seu engado minimalista a base de guitarras eléctricas, teclados caseiros, primitivos trebellos electrónicos e un baixo case tan hiptónico como a dicción circular, allea e cativadora de Alison Statton.

JPEG - 37.9 KB

www.youngmarblegiants.com

www.myspace.com/youngmarblegiants