Festival Sinsal Logo

( r )

23 Feb 2008
Salón Teatro -

Santiago Compostela

Tras o nome ( r ) escóndese Fabrizio Modonese Palumbo, membro de Larsen, XXL e Blind Cave Salamander. Tres son os álbumes editados até a data como ( r ): "Under The Cables", "Into The Wind" e "In Pink", nos que vai cambiando de ritmos relaxados e pausados a outros extremos e introspectivos, sempre no delgado fío entre o goce e o medo, para terminar explotando nunha inusitada enerxía optimista.

A música de ( r ) é máis un diario que un exorcismo, repleto de cancións sobre morte e transfiguracións, texturas ambientais relaxadas, unha suave voz e unha guitarra sobre a que pouco a pouco, con mestría, vai construíndo un todo.

www.myspace.com/fabriziomodonesepalumbo