Festival Sinsal Logo

Zu

16 Apr 2008
Museo MARCO -

Vigo


10€

ZU (Italia)

Ao falarmos dos italianos ZU as etiquetas esboróanse. Con máis de mil concertos en oito anos e dez discos publicados en selos tan senlleiros como Atavistic, Red Note, Frenetic, Wallace, Amanite ou Wide Public Guilt, o trío que forman Jacopo Battaglia (batería), Massimo Pupillo (baixo) e Luca T. Mai (saxo) obríganos a repensar as estremas dos xéneros. Logo de sentilos tocar en directo, na formación orixinal ou nalgunha das súas colaboracións con Mike Patton, The Ex, The Melvins, Thurston Moore ou Damo Suzuki, entre outros, cómpre definir de novo que é rock e que é jazz, onde remata unha cousa e empeza a outra ou como é que se debe interpretar. Punk, free jazz, metal, no wave, funk ou hardcore son nomes posíbeis, todos insuficientes, para alcumar a combinatoria de ZU, un exercicio de investigación sonora que se reinventa en cada concerto e que prendeu en distintos públicos de Xapón aos EUA.

www.myspace.com/zuband

www.zuism.com

JPEG - 48.9 KB