Festival Sinsal Logo

Artistas estación primavera

PAN SONIC [Finlandia _Mute]

Pan sonic son os artistas máis activos e coñecidos dentro da escena finlandesa de electrónica experimental. Foron os primeiros en alcanzar recoñecemento a nivel internacional e pola súa traxectoria artística recibiron no 2004 o prestixioso premio “Finnish State Art Award” de mans da ministra de cultura finlandesa . Investigando nas ásperas fronteiras das frecuencias sonoras, o minimal e o hardcore, o seu son asóciase coa música industrial gótica, onde os países nórdicos son grandes embaixadores, e co ruído a través das súas antisépticas produccións.

Formados nos primeiros noventa con Mika Vainio e Ilpo Väisänen, recalan no subselo experimental de Mute, Blast First! tralas
primeiras grabacións para Sahko, selo finlandés. Úneselles Sami Salo con quen editan Vakio, onde desenvolven unha especie de techno pasivo-agresivo. Pouco despois Salo abandonaos. Os seus seguintes discos sen el (o EP Osasto e Kulma) revierten hacia formulacións máis duras e abstractas.

Pan sonic comezan a actuar en directo en 1996, mentres Vainio grava tamén como Ø. No ‘98 cambian o seu nome ao actual por conflictos legais con Panasonic, e ese “a” perdido aparece como título do seu terceiro álbum. Gravan tamén nese momento o disco Endless co cantante de Suicide, Alan Veiga. En 2001 volveron virar con Aaltopiiri e no 2005 editan o cuádruplo CD Kesto (234.48:4). Algúns dos festivais máis importantes do mundo, museos, e auditorios contaron coa presencia deste dúo finlandés ben sexa co seu proxecto Pan Sonic, ou en colaboración con calquera dos seus dous compoñentes, especialmente Mika Vainio, a miúdo colaborador doutros ilustres da música popular do noso tempo. Non é atrevido dicir que Pan Sonic son uns dos artistas europeos máis apaixonantes dos últimos quince anos á beira de nomes como Autechre en Inglaterra ou Mouse On Mars en Alemaña. Se algunha vez tiveches ganas de saber qué significa o son e porqué tantos artistas “populares” deben moita da súa personalidade a esa parte máis “física” da música, entón Pan Sonic daranche unha “clase maxistral”. Poida que entón
escoites a música con outros ollos.

SALVATORE [Noruega _Racingjunior]


Salvatore
son un sexteto noruego que parte dos achados sonoros das bandas de rock experimental dos 70 para , con ese legado, e engadindo os últimos avances da música electrónica, crear un son afastado do que tradicionalmente se asocia á escena post rock, usando a repetición e o minimalismo para crear sensacións de espacio e luminosidade, lonxe da angustia urbana tan patente nos traballos dos seus contemporáneos.

De feito, o ir e vir dos membros da banda maniféstase na diversidade e evolución do seu son desde o rock espacial dos inicios (onde a influencia de grupos como Can e Neu! eran evidentes) ata o compacto son do seu último traballo, Luxus, co se achegan á rítmica tribal africana (algúns dos seus álbums foron gravados en Marrocos) ou ó dancehall jamaicano.

En directo, a súa paixón polo ritmo fai que os seus concertos sexan case ceremonias tribais, estirando os temas en longos desenvolvementos instrumentais para crear unha especie de trance ambiental. Os compoñentes do grupo solápanse mediante a improvisación, creando capas de son que fan imposible apartar a atención do espectáculo.

De tódolos xeitos, o espírito dos seus inicios non desapareceu, seguen manténdose equidistantes entre a vanguardia máis experimental e o pop-rock máis clásico, perseguindo os matices que se atopan entre ambos extremos, a procura de novas formas e expresións musicais,creando un son vitalista e espacioso como os lagos e vales do seu país natal.

Sen dúbida Salvatore son alumnos aventaxados da escola americana que Tortoise e o selo Thrill Jockey de Chicago levantaron ó redor do Jazz, a improvisación e o Rock. Sí, tamén John McEntire produciu os seus discos.

MIDAIRCONDO (Suecia)

MIDAIRCONDO é un trío de mozas suecas que veñen do mundo das performances visuais e da improvisación electrónica. O disco bebe a partes iguais das influencias do leftfield pop, as constantes vocais de Björk e a estrutura da canción máis convencional, para chegar a un punto novo e insólito. Saxos, samples abstractos, laptops e frautas parecen sair da mesma fonte. Ás veces amosan un toque cabaret e outras un punto vocal que nos fai rendernos á evidencia de estar ante unha banda próxima ao Pop barroco de Konki Duet ou CocoRosie. A súa proposta encaixa perfectamente nese caixón de sastre que inclúe o pop electrónico, o swing “replicante” do século XXI, o Spoken word, as fontes de Agf, a deusa islandesa ou o veludo xeado de Hanne Hukkelberg. Son suecas, aínda que con esta calor ninguén o diría.