Festival Sinsal Logo

Salón sinsal invierno #4

_XENERACIÓN WORKSHOP

¿E despois do Laptop, qué? O ordenador portatil xa asumiu o seu papel
como ferramenta e instrumento para o século XXI. Atrás quedan os complexos
ou o apropiacionismo que fixo do bicho dixital a cultura electrónica. Agora é o tempo dunha xeneración distinta que atopou nestas e noutras ferramentas un camiño de crear códigos distintos.
Son, na maior parte dos casos xóvenes que viron no Rock e no Audio unha
vía de escape para críticar ó través da música todo un sistema político e
económico que posiciona á industria musical (independiente e comercial) fora
do seu sistema. Viven da música en directo e descargan sobre ela tódalas
súas inquietudes e ideas. Están a medio camiño da performance, o concerto,
o happening e o workshop.
Non te prohiben graba-los seus concertos, senón
que che piden que lles mandes unha cinta no caso de que eles non leven un
operador de cámara (case como parte integrante do grupo). Viven de editar
Cdr-s en tiradas limitadas e de vez en cando publican algún disco con 500
copias que normalmente esgotan nas súas xiras. Son os auténticos
investigadores do Rock do noso tempo e en cada un dos seus directos aprendes
ritmos, sons, patróns, instrumentos ou calqueira outra rareza que xa xustifica
a túa asistencia. Dicen que son raros, freaks, extremos. Mellor dicir que son a
única demostración de liberdade que ten o Rock nestes momentos:
son a xeneración workshop.

YELLOW SWANS son un dúo residente en Oakland (California, USA), formado por Pete Swanson e Gabriel Mindel Saloman, interesados na improvisación, o uso de instrumentos eléctricos e electrónicos e a construcción/reconstrucción do son ao través das súas desinhibidas coordenadas musicais: Hardcore, Dub, Death Metal, Hip Hop, ruido, Jazz, Folk e, sobre todo, a libertade creativa extoupada ó máximo.

Dende os seus inicios en 2001 realizaron numerosas
grabacións e colaboracións, entre elas a creación dun selo chamado Collective
Jyrk
, onde publican discos propios ou de xente como Ghost to Falco, Xiu
Xiu, Nice Nice, The Intima
o E*Rock. Tras auto-producirse diversos CDR,
singles e EPs en diversas discográficas, "Bring the Neon War Home" foi o
seu primeiro álbum propiamente dito, un lanzamento no que colaboraron Jamie
Stewart (Xiu Xiu)
e Adam Forker (Jackie O’ Motherfucker).O dúo devolveulle o favor a Xiu Xiu tocando como banda de acompañamiento na canción "Support our Troops, oh!" do seu disco “Fabulous Muscles”. As súas cancións parten do lado industrial da escena noise (Swans, Coil, Throbbing Gristle...) para darlles un enfoque máis rock e máis tribal. Con excelentes críticas en medios de prestixio como Pitchforkmedia.com, a súa combinación de ritmos analóxicos e dixitais, de instrumentos tradicionais e outros fabricados por eles mesmos é capaz de crear algo así como a banda sonora perfecta para o mundo caótico contemporáneo.